Lingua
Menú de Accesso
| Abrimos... |
|
A SD Combarro abre unha nova porta no seu camiño e lánzase a conquista de Internet. Até agora xa estabamos presentes, tiñamos un blog moi "riquiño" en onde os nosos afeccionados podian deixar as súas impresións e ver os nosos vídeos. Agora queremos dar un paso máis, imos en serio, pretendemos que cada vez máis xente se sinta partícipe da nosa ilusión, por iso presentamos unha nova web moito máis moderna que informará sobre todo o que se mova arredor nosa, Está web non só vai ser a ventá da nosa entidade, senón pretende ser tamén do noso pobo, Combarro. Un xeito de dicir que dende unha pequena vila galega, pódense facer grandes cousas, sen necesidade de grande esforzo económico, simplemente con ilusión de levar o nome do teu pobo con orgullo. Estamos seguros que este portal web vaise convertir nun referente entre os equipos da categoría, pero somos conscientes das nosas limitacións, polo que iremos pasiño a pasiño, mellorandoa conforme avances os meses. Por agora, porderás coñecer as novas do teu equipo, rexistrarte como usuario e facer os comentarios que che peten, ollar a clasificación e ver as fotos e videos do teu equipo Conforme avances as semanas imos mellorar todo, ou case Cambiaremos o deseño para que a faga aínda máis atrativa. Crearemos propios foros para que poidas opinar sobre o que queiras. Intregraremola con Google Maps para que os nosos rivais nunca se perdan para chegar até a Armadiña. Tamén perfeccionaremos o noso calendario utilizando Google Calendar. E por suposto aumentaremos o número de editores para que tódolos coñeza máis novas do teu equipo. Dende a SD Combarro esparamos que vós guste e como imo-la mellorar , calquera consello será ben recibido. Un saúdo |