Lingua
Menú de Accesso
| Cerponzones CF 1 - SD Combarro 4 |
|
|
|
2010, ano de vitorias, ano de cor azulSuma e segue, a SD.COMBARRO consegue unha nova victoria neste ano, e xa van catro de catro dende que comezou o ano. Esta vez o equipo volveu dar unha demostración de como cambiar a mentalidade para sacar algo positivo de onde no había nada. Día de cambios, día de pasar de xogar o domingo a xogar o sábado, día onde o equipo tiña que cambiar a mentalidade e saír a gañar o partido. Non foi así na primeira parte, o equipo non xogaba ben, non sabíamos tocalo balón, xogabamos o patadón e inda así o equipo podíase haber ido o descanso cunha renta de tres goles como mínimo, dado que os dianteiros non tiñan o día. Nani e Iván erraron un par de ocasións muy claras cada un, ademáis o porteiro local realizou un traballo espectacular nesta primeira parte sobre todo nunha falta botada por Alvariñas onde todo o mundo cantaba o gol sacou unha man prodixiosa para despexar o balón. A primeira parte foi mala pero inda así os locais non increparon en ningunha ocasión a porteria defendida onte por César.Chegaba o descanso e o mister intentaba motivar os seus xogadores no vestiario, esto parecía funcionar o saltar os xogadores o terreo de xogo pero todo o contrario. Nun balón largo o extremo, este recorre toda a banda presionado por Salva e Sergi e con algo de fortuna bate a César para facer o primeiro gol de partido, pero non o último. Era a primeira vez que os locais tiraban entre os tres paos. Este gol, por fin fixo reaccionar os azuis, que xa na seguinte ocasións marcaría o empate gracias a unha xogada colectiva que culminaría cun centro de Figo que foi rematado por Nani. Era o empate e o despertar do Combarro, a partir do gol en contra o equipo demostrou porque está no entre os primeiros, e de seguir nesta liña, porque non na primeira posición. O partido non remataba aquí, o segundo gol do Combarro saíu dunha xogada de estratexia levada a cabo a perfección. Nunha falta escorada a a lateral da área onde todos pensábamos que Figo ía centrar o balón pasouna a Alvariñas que cunha gran internada na área deixa o balón o primeiro pao para que sexa Oscar, que ben o merecía xa, o que marcara o segundo gol do partido. Aquí desapareceu o Cerponzons e foi cando chegou a hora de Nani, que primeiro tras recoller o balón no centro do campo e con a velocidade que lle caracteriza vaise de todolos defensas para plantarse cara a cara co porteiro e marcar o terceiro e o segundo da su conta particular; e máis tarde tras un pase espectacular de Casti, volveu bater o porteiro, este era o cuarto e definitivo gol do partido e tamén o terceiro da súa conta. Por parte de ambos equipos pobre primeria parte, sen embargo, magnífica segunda parte do Combarro que con esta victoria afianzase nos postos alos da clasificación. Recalcar o gran partido do porteiro local, e mellor sen dúbida dos locais, e por parte de Combarro, Nani foi a estrela. Tamén facer unha refencia a Iván que sabemos que non está pasando ben, para que volva a ser o que era e para que volva xogar como el sabe, porque este equipo necesita de todolos xogadores, desde Nani pasando por Oscar, Hector, Iago, etc, ata o mister e os aficionados que nos seguen todos os domingos pola provincia de Pontevedra. Grazas polo voso apoio e vémonos o próximo domigo na Armadiña contra a ACD A Seca. Campo de Futbol Chan do Monte de Cerponzóns Cerponzóns CF: Losada; Ortigueira(Fernández 46'), Abilleira, Porto, Tenorio; Fontán(Corredoira 76'), CAnosa, VArela, Soliño(Lois 61'); Arribhas e Villanueva;
|


