Lingua

Calendario

<<  Xaneiro 2010  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
      2  3
  4  910
11141617
182324
25283031

Menú de Accesso



Atl. Estación 0 - SD Combarro 2 PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Xunqueirazo

O Combarro vence por 0-2 ao segundo clasificado e ascende a cuarta praza. Casti e Nani anotaron os dous goles azuis na Xunqueira.

O noso equipo dou un paso moi important a acadar a vitoria a domicilio fronte o Atlético Estación, segundo clasificado até onte. Os azuis fixeron un encontro moi serio, cunha defensa moi forte é un bo contragolpe que lle permitiu dobregar a un dos mellores equipos da división no seu propio campo.

O comezo empezou moi ben para os de Combarro, xa no minuto cinco un córner botado por Figo foi rematado coa testa por Casti, no primeiro pau, ao fondo das mallas, era a segunda achega do Combarro a área rival, encamiñando así este importante encontro. O Atlético Estación, obrigado a buscar o empate, dominaba o balón no mediocampo pero carecia de ideas para chegar con perigo a meta de César, enfronte estaba un Combarro, cunha organización defensiva impecábel, e que nas contras levaba perigo sobre a meta de Cortegoso.

No minuto 20, un novo saque dende o curruncho botado por Figo, e despexado pola defensa local cara a frontal da área, e dende ali Nani con un tiro por alto, fura a rede local, anotando o segundo gol, e levando a ledicia aos seareiros armadiños que pasaban frio nas bancadas da Xunqueira. Este gol foi un golpe moi duro para os locais que non souberon reaccionar en toda a primeira parte. Minutos máis tardes unha excelente pase de Nani deixa a Alvariñas só en tres cuartos de campo, este encamiñase cara a porta, e cando chega ao área é derrubado xusto no momento de efectuar o disparo, sáindo este lambendo o pau dereito. A posíbel pena máxima non foi sinalida polo colexiado ante as protestas dos seareiros visitantes.

A segunda metade foi moito fea que a primeira, no minuto 53 unha excelente xogada persoal de Alvariñas, levándose a dous rivais, remata con este tirado na área tras unha forte entrada, o árbitro non aprezou a clara pena máxima e o xogador de O Muiño tivo que retirarse mancado tras unha escordadura de nocello. A partir desta incidencia, a SD Combarro concentrouse en manter o resultado e aproveitar algunha contra para ampliar a vantaxe ante un rival sen ideas e cada vez máis desquiciado. 

Nos minutos finais cabe destacar un contragolpe no que Nani non estivo atinado e un par de intervencións de César.

Esta vitoría acercanos aos postos de ascenso, situándonos cuartos a un punto do segundo e a catro dun Figueirido que voltou empatar, desta vez en Barro. Para a próxima semana máis.

Atl. Estación: Cortegoso, Gonzañez, Barreiro, Camiña, Ramos, Abelleira, Miguez, Torrado(García 46'), Rey, Rodriguez(Torres 65') e Portela(Seoane 46').
SD Combarro: Duro; Yago, Sergio, Salva, Gonzalo(Pari 57'); Casti, Figo, Alvariñas (Dani 53'); Nani, Iván(Sergio 81') e Oscar
Goles: (0-1) 5 min. Casti coa testa; (0-2) 20 min. Nani aproveita un rechace dentro da área
Árbitro: Rafael Paterna Portero
Cartóns amarelos Atl. Estación: Barreiro no 72' e 83' e Camiña
Cartóns amarelos SD Combarro: Óscar, Sergio, Gupi e Pari.
Espectadoesr: Arredor da centena de espectadores déronse cita no Sintético A Xunqueira.

 

Comments  

 
0 #1 Vixo 2010-01-12 12:05
q grande chavales!! bien hecho, ahora a seguir así y a dar caza al figueirido !
aupa combarro !