Lingua

Calendario

<<  Xaneiro 2010  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
      2  3
  4  910
11141617
182324
25283031

Menú de Accesso



CAMPAÑA DE AFILIACIÓN 2009 PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

NON O PENSES, FAITE SOCIO, DESTA VOLTA VAI!!!

Este ano a campaña de afilicación presenta interesantes novidades, agora cada abonado recibirá importantes descontos en varios dos nosos patrocinadores. Un deles, Ovidio Alfonso Torres, masaxista-masoterapeuta-osteopata, realizará descontos de cinco euros a cada sócio. Tamén D2, súmase a esta campaña, realizando descontos de até o 50% en productos en stocks. Autoescolas San Juan tamén realizará unha promoción especial para os socios da SD Combarro nos carnés de moto (A1, A2 e A).

Ademáis o clube no seu compromiso co nosos seareiros volve a agasallar, como en anos anteriores, a cada socio cunha productos do clube.  Deseguimos amosamos a carta que acompañaba ao calendario repartido polo pobo:

Estimados veciñ@s:

Cada ano son máis os combarreses que seguimos o equipo do noso pobo. En cada partido, ali onde sexa, desprazase unha marea azul disposta sempre a animar ao seu equipo, sento está afección a envexa das escadras rivais.

Despois da mellor campaña da nosa historia, renovamos a nosa ilusión e plantexamonos dous obxectivos. Chegar a  500 socios e conseguir o ascenso. Somos coñecedores da dificultade e ambición dos nosos retos pero para alcanzalos contamos co teu apoio

Nesta campaña a SD Combarro mantén os prezos dos abonos e premia a cada socio con un agasallo (camisola, bufanda ou gorro a escoller).

 

O sábado 15 de novembro abriremos a nosa TENDA VIRTUAL onde poderás adquirir os nosos productos de merchandising e realizar o pago do teu carné de socio.