Lingua

Enquisas

Cres posíbel o ascenso nesta tempada?
 

Calendario

<<  Setembro 2010  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
    2  3  4  5
  6  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Menú de Accesso



Barro CF 2 - SD Combarro 0
Luns, 28 Setembro 2009 14:44

Os Reis chegaron en setembro

O Combarro agasállalle o encontro ao Barro, dous fallos gravisimos danlle a vitoria ao Barro nun encontro no que o Combarro foi superior e dispuso de imnumerables ocasións que non foi quen de concretar.

O fútbol é fútbol, e as veces o resultado non reflexa de ningunha maneira o visto onte no campo . En Barro o equipo local atopouse cunha vitoria inesperada grazas a dous agasallos tras dous erros visitantes. 
O Combarro foi superior en todo momento aos locais, sen grandes alardes e sen un xogo atractivo para o afeccionado, o Combarro mostrouse moi seguro en defensa en todo o partido, e creaba constante perigo na área rival.

A primeira parte foi unha das máis cómodas dos últimos tempos en Barro, o rival apenas inquietou a meta defendida onte por Duro, que voltaba aínda renqueante da súa lesión despois da baixa de última hora de Héctor. O  Barro CF non foi quen de tirar entre os tres paus. A SD Combarro  mantiñase moi ben colocada no campo, roubaba o balón moi rápido en mediocampo e intentaba sorprender ao adversario mediante contrataques moi rápidos polas bandas, que foron interceptados polos rivais con constantes faltas. Das faltas laterais sairon moitas das ocasións de gol dos azuis que unha e outra vez non eran capaces de furar a portería contraria, os nosos atacantes fallaron ata cinco ocasións claras de gol no segundo tempo.
 
Falecemento da avoa de Héctor
Luns, 28 Setembro 2009 14:59

O noso compañeiro Héctor sufriu a pérdida da súa avoa o pasado sábado que lle  impediu estar con todos nós non encontro en Barro. Dende a SD Combarro queremos mostrar o noso apoio a noso compañeiro e aos seus familiares.

un saúdo e moito ánimo 

 
Barro CF - SD Combarro
Domingo, 27 Setembro 2009 09:26

A por unha nova vitoria

Esta tarde as 17:00 en Barro vense as caras dous rivais clásicos desta categoría. Ademáis da información da lista de convocados da SD Combarro, poderedes ver un mapa explicativo de como chegar ao campo e as crónicas dos encontros das tempada pasada.

O Combarro visita está tarde o sempre díficil campo de Barro, estos partidos sempre prometen emoción, rival duro na casa, moi díficil de gañar e dúas grandes afeccións nas bancadas. Este ano o equipo local non empezou ben, aínda non coñece vitoria nesta campaña, polo que intentará sumar os tres primeiros puntos na casa, mentres que a SD Combarro pretende voltar a senda da vitoria despois do empate na casa fronte o Estación.

 
SD Combarro 0 - Atlético Estación 0
Luns, 21 Setembro 2009 05:51

0-0

Primer empate na tempada na Armadiña, o Combarro dispuso de boas ocasións pero non foi quen de furar a rede rival.

Resultados e Clasificación       Táboa de resultados         Estatísticas da Liga

No primeiro partido na Armadiña a afección local voltou respostar como en temporadas anteriores, arredor de cento cincuenta seareiros encheron as "bancadas". 

O partido comezou moi accidentado, no minuto 2' dous xogadores visitantes chocaron nun salto, tendo que ser ámbolos dous substituidos con sendos cortes na testa. Despois da reanudación do encontro tralo choque o partido resultou moi duro, o balón apenas chegaba as áreas rivais, a loita no mediocampo predominaba sobre as xogadas de ataque. Até ben mediada a primeira parte non se viron xogadas claras de gol por parte do equipo local, primeiro Óscar remata fora dentro da área pequna  un bo centro ao segundo pau, Casti, voltou ser dianteiro onte, tivo un par de ocasións claras que non foi quen de aproveitar, e Adrián tamén levaba perigo en xogadas a balón parado.

 
Previa: SD Combarro - Atlético Estación
Sábado, 19 Setembro 2009 18:19

De volta a Armadiña

Mañá as 17:00 da tarde o Combarro debuta na Fonte da Armadiña no segundo partido de liga, enfronte terá a un recén descendido, o Atlético Estación.

Despois da boa imaxe mostrada no inicio de liga a SD Combarro debuta mañá domingo no seu campo fronte ao Atlético Estación. Para este encontro o míster local, Iñaki, non poderá contar coas baixas de César, Nani e Bruno (todos eles mancados), e Alvariñas (sancionado). Polo que a convocatoria é a seguinte:

Porteiros: Héctor e Sergio (debuta nunha convocatoria)

Defensas: Dani, Suso, Adrián, Carlos, Gonzalo, Iago e Salva;

Mediocampo: Rial, Figo, Peque, Casti.

Dianteiros: Iván, Óscar e Maduro.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 33