|
Loito polo pasamento de Miguel Pazos |
|
Mércores, 28 Outubro 2009 17:37 |
|
A SD Combarro, como o resto do pobo de Poio, móstrase doida pola morte repentina do noso concelleiro de Deportes Miguel Pazos "Ton" e queremos dar as nosas condolencias a familiares e amigos. Así tamén queremos amosar o noso ánimo a SD Campelo ante a morte do seu fundador e un dos persoeiros máis importantes. Grazas por todo Miguel! A noso presidente tamén quería agradecer as mostras agarimosas recibidas tras o pasamente dun familiar. Inter como era coñecido, foi un home que sempre estivo vencellado co fútbol local. Dende aquí tamén queremos sumarnos as mostras de ánimo cara o noso presidente. Ánimo Moncho! |
|
CD Portas 3 - SD Combarro 2 |
|
Luns, 26 Outubro 2009 10:05 |
Dura derrotaO Portas vence ao Combarro no último minuto grazas a un golazo dende mediocampo.O Combarro estreaba liderato en Portas ante un equipo local plagado de xuvenís por mor das últimas sancións recibidas por varios de seu xogadores. No comezo do encontro o Combarro mostrouse moi superior, os primeiros minutos eran de dominio total visitante. Arredor do minuto vinte un córner botado polo Portas foi rematado polo central local ao fondo das mallas, o Portas anotaba o seu primeiro gol na primeira xogada de ataque do partido. Dende ese punto o partido trocou totalmente, as presas por acadar o empete precipitaron as xogadas dos azuis, que deixaron de amosar a seguridade inicial. Arredor do minuto trinta e cinco, Alvariñas colocaría o empate no marcador, tras un excelente pase de Óscar que deixa ao dianteiro visitante só ante o porteiro, e éste define a perfección. No inicio do segundo tempo o Combarro voltouse mostrar superior aos locais tendo varias ocasión para anotar o segundo gol, até catro balóns foron os que golpearon os paus da portería local. Faltando quince minutos para o final, nunha xogada desgraciada, o balón chegou a dianteiro do Portas ao borde da área, que de forte disparo batiu a Sergio. Deseguido co partido moi complicado, a SD Combarro reaccionou ben e tivo varias ocasións para conseguir o empate. Este chegaría a falta de dez minutos tras un centro de Iván pola esquerda que é rematado por Maduro na boca de gol. Cando todo semellaba que remataría en táboas un mediocampista do Portas realizou un excelente tiro dende o mediocampo que se colou pola escadra visitante, en fin, demasiado castigo para o equipo visitant. CD Portas: Canda; S. Candal, Abalo, Piñeiro, Casal, Rodío (Güimil 62'), Cancela (Vázquez 85'), Gustavo, Giráldez, Boajeng e Barreiro; SD Combarro: Sergio; Salva, Gupi (Peque 62'), Adrián, Gonzalo (Iago 66'), Dani (Suso 79'), Figo, Alvariñas, Iván, Castiñeira (Rial 69') e Óscar; Cartóns amarelos CD Portas: Boajeng (77') Cartóns amarelos SD Combarro: Maduro; Goles: (1-0) Piñeiro; (1-1) Alvariñas; (2-1) Güimil; (2-2) Maduro; (3-2) Gustavo. Espectadores: Arredor de cen persoas.
|
|
SD Combarro 2 - Atlético Eiriña 1 |
|
Domingo, 18 Outubro 2009 17:26 |
LíderesO equivo azul consigue o terceiro triunfo consecutivo e afiánzase nos postos altos da táboa tras unha importante vitoría diante un Atlético Eiriña que deixou boa impresión na Fonte da Armadiña.Clasificación e resultados O encontro presumiase moi duro para o noso equipo, enfronte tiñamos a un recén descendido e firme candidato a o ascenso, o Eiriña, aínda que os seus inicios de tempada non están sendo os agardados. Correrían dous minutos no reloxio do colexiado cando na primeira xogada de ataque local Casti consigue un excelente gol de vaselina sobre o porteiro visitante, o encontro comezaba da mellor maneira posíbel para os locais, e a vitoria encamiñabase xa dende o inicio. Na primeira parte crearonse poucas ocasións de gol, a disputa localizabase no mediocampo onde ningún dos dous equipos era dominador claro. Arredor do minuto vintecinco unha falta lateral foi maxistralmente executada por un xogador visitando colándose o balón na rede sen que Sergio, debutante hoxe, puidera facer nada para evitalo. Duro pau para os locais que vian como o partido se lles compricaba.
|
|
Domingo, 11 Outubro 2009 18:37 |
MarabillosoExhibición do Combarro no Sintético da Xunqueira II ante un floxo A Seca.Clasificación e resultados Táboa de resultados Estatística da Liga O encontro disputado na tarde de onte foi un dos mellores que se recordan da SD Combarro, o equipo azul realizou unha exhibición de xogo ante un rival que, a priori, semellaba directo pola loita polo ascenso. O encontro disputouse baixo un sol abrasador no Sintético da Xunqueira II en exelente estado. O Combarro empezou dominando dende o primeiro minuto, ante un rival sen resposta, que demostrou estar a un nível moi lonxano do desexábel para optar aos postos altos da táboa. Xa nos primeiros minutos o Combarro dispuso de dúas excelentes oportunidades da man de Iván que non foi quen de concretar. O Combarro tocaba e tocaba e as ocasións chegaban sen que os nosos xogadores foran capaces de furar a rede rival. Ben mediada o primeiro tempo, un saque de falta lateral é rematado ao fondo das mallas por Adrián, subindo o primeiro gol ao marcador. O noso equipo sentíase moi superior sobre o campo, e mintuos máis tarde acadouse o segundo gol, anotado por Iván tras unha boa xogada persoal. Xa no segundo tempo o partido non variou moito, nos primeiros minutos semellaba que A Seca pero esa ilusión durou ben pouco xa que non tardaría Figo, tras unha excelente xogada colectiva, sentenciar o encontro co 0-3. Xa co encontro decantado do noso bando, os rivais xa desesperados cometeron moitos erros que foron aproveitados polos nosos xogadores para conseguir unha vitoría máis importante se cadra. Casti anotou na boca de gol tras un mal despexe do cancerbeiro local, e máis tarde, Peque conseguiu un golazo tras definir con clase unha boa xogada colectiva.
|
|
SD Combarro 4 - Cerponzóns CF 2 |
|
Domingo, 04 Outubro 2009 16:41 |
GañamosUn bo Combarro venceu está tarde a un feble Cerponzóns e consegue a primeira vitoria da tempada na Fonte da Armadiña. Despois dunha derrota moi dura para os nosos xogadores a sufrida a xornada pasada en Barro, o Combarro voltaba ao seu campo coa obxectivo de conseguir a primeira vitoria na casa. O encontro de hoxe disputouse baixo a chuvia que por momentos foi intensa, esto non afectou ao terreo de xogo que mantivose en boas condicións durante todo o encontro. Nuns primeiros minutos, onde ningún dos dous conxuntos dominaba o xogo, o Combarro tivo máis fortuna e nun saque de corner, arredor do minuto dez, Iván anotaba o primeiro gol tras un excelente remate coa testa. A partir de aí os azuis foron facéndose máis co partido, dominando o xogo noo mediocampo, entrando por bandas e por momentos o xogo local brillou como nunca nesta tempada. Mediada o primeiro tempo chegou o segundo gol tamén anotado por Iván. No segundo tempo e co resultado a favor, o Combarro saiu relaxado o campo, esto foi aproveitado polos visitantes, que tras un córner anotoron o primeiro gol no seu casilleiro. Semellaba que había partido e que as pantasmas doutros anos voltaban á Armadiña. Pero desta vez, as cousas foron distintas, este gol espertou ao locais que empezaron a facer boas combinacións no mediocampo e a entrar por bandas, nunha desas xogadas o balón chegou a Casti dentro da área, onde o dianteiro regateou ao porteiro para anotar o seu primeiro gol na liga. Minutos máis tarde Iván, sorprendeu a defensa rival entrando dende atrá, quedouse diante do porteiro, regateandoo tras un bo control orientado co peito e anotaba o seu terceiro gol do partido, sentenciado o choque de hoxe. Xa nos últimos minuto, os visitantes anotaron o segundo gol que maquillaba o resultado final.
O máis positivo: Chegaron os goles a Armadiña, despois de dous partidos sen anotar ningún gol, os azuis voltaron a furar a rede rival, desta volta foron catros os goles anotados, este é o camiño. O máis negativo: As continuas lesións que están afectando ao plantel, hoxe Rial, Casti, Alvariñas e Iago sairon mancados do encontro e súmanse as xa coñecidas de César, Sergio e Bruno. Pronta recuperación a todos.
SD Combarro: Héctor; Salva, Gonzalo, Pari, Gupi (Iago 65'); Rial (Peque 12'); Figo, Alvariñas (Óscar 45'), Iván, Dani; Casti; Cerponzons CF: Jorge; Juan, Victor, Rodrigo, Pena (Outón 77'), Óscar (Daniel 75'), Canosa(Adrian 60), Jose, Esperon, Gonzalo(Sergio 75'), Iván; Goles: (1-0) Iván; (2-0) Iván; (2-1); (3-1) Casti;(4-1) Iván; (4-2) Árbitro: Antonio Carballal Perez Cartóns amarelos SD Combarro: Gonzalo, Alvariñas e Maduro Espectadores: Arredor de cen afeccionados
|
|