|
Cerponzones CF 1 - SD Combarro 4 |
|
Sábado, 23 Xaneiro 2010 23:06 |
2010, ano de vitorias, ano de cor azul Suma e segue, a SD.COMBARRO consegue unha nova victoria neste ano, e xa van catro de catro dende que comezou o ano. Esta vez o equipo volveu dar unha demostración de como cambiar a mentalidade para sacar algo positivo de onde no había nada. Día de cambios, día de pasar de xogar o domingo a xogar o sábado, día onde o equipo tiña que cambiar a mentalidade e saír a gañar o partido. Non foi así na primeira parte, o equipo non xogaba ben, non sabíamos tocalo balón, xogabamos o patadón e inda así o equipo podíase haber ido o descanso cunha renta de tres goles como mínimo, dado que os dianteiros non tiñan o día. Nani e Iván erraron un par de ocasións muy claras cada un, ademáis o porteiro local realizou un traballo espectacular nesta primeira parte sobre todo nunha falta botada por Alvariñas onde todo o mundo cantaba o gol sacou unha man prodixiosa para despexar o balón. A primeira parte foi mala pero inda así os locais non increparon en ningunha ocasión a porteria defendida onte por César.Chegaba o descanso e o mister intentaba motivar os seus xogadores no vestiario, esto parecía funcionar o saltar os xogadores o terreo de xogo pero todo o contrario. Nun balón largo o extremo, este recorre toda a banda presionado por Salva e Sergi e con algo de fortuna bate a César para facer o primeiro gol de partido, pero non o último. Era a primeira vez que os locais tiraban entre os tres paos. Este gol, por fin fixo reaccionar os azuis, que xa na seguinte ocasións marcaría o empate gracias a unha xogada colectiva que culminaría cun centro de Figo que foi rematado por Nani. Era o empate e o despertar do Combarro, a partir do gol en contra o equipo demostrou porque está no entre os primeiros, e de seguir nesta liña, porque non na primeira posición.
|
|
SD Combarro 3- Barro CF 1 |
|
Luns, 18 Xaneiro 2010 15:07 |
Ilusionados A Fonte da Armadiña viu outra vitoria do seu equipo que confirma o bo arranque da segunda volta (3 vitorias en 3 encontros). As derrotas do Estación e do Portas son as novas a salientar que nos deixou a xornada, este resultado afasta a ambos da loita polo ascenso. No encontro de onte o Combarro enfrontábase a un Barro, que pese a estar na parte baixa da clasificación, crea sempre moitas dificultades aos azuis. Fiel a tradición, o encontro escomezou complicándose, no minuto dous un balón longo cara o dianteiro visitante, e controlado por este dentro da área, quedándose só diante de Duro e baténdoo por baixo. O gol visitante non descompuxo para nada aos combarreses que tomaron o control do encontro evitando que o rival dispuxera de ocasións no resto do encontro, mentres tanto o Barro adícouse a defender e a intentar sobrevivir a base de balóns longos cara os dianteiros que apenas inquietaron a meta de César. No minuto 12 de encontro chegaría o primer aviso claro, unha falta lateral botada por Figo, a defensa rival non atina a despexar e o balón morto dentro da área, é aproveitado por Iago cara a meta pero o seu balón, cando tomo o mundo cantaba gol, golpeou nun defensa visitante xusto na liña de gol. Minutos máis tarde, tras unha excelente xogada de persoal de Casti, outro defensa do Barro salva ao seu equipo, debaixo dos paus, co porteiro batido. Eran avisos do que viría deseguido, unha xogada persoal de Figo pola liña de fondo, éste vaise do lateral, que só é capaz de paralo mediante un derribo claro, asubiando penalti o colexiado. A pena máxima foi transformada por Nani que asinaba o seu sexto gol da tempada(é primeiro da tarde). Xa na segunda parte, o combarro amosou a súa superiodidade con dous goles que puideron ser máis. O primeiro chegou no minuto 52, un centro ao área de Iago e rematado dentro da área por Casti, que se atopaba só, ao fondo das mallas. Xa ao final do encontro, un centro de Figo dende a esquerda e rematado por Nani, no segundo pau, furando a rede visitante. SD Combarro: César; Iago, Salva, Gonzalo(Gupi 22'), Sergi; Bruno, Casti, Figo; Óscar(Maduro 69'), Nani(Héctor 89') e Iván; Barro CF: Óscar; Alberto, Suso, Rivas; Eloi II, Dario, Juan, Roberto, Enmanuel, Ramón, Raul; Goles: (0-1) Enmanuel;(1-1) Nani (p); (2-1) Casti; (3-1) Nani Cartóns amarelos: Figo 81'; Bruno 82'
|
|
Atl. Estación 0 - SD Combarro 2 |
|
Luns, 11 Xaneiro 2010 07:20 |
XunqueirazoO Combarro vence por 0-2 ao segundo clasificado e ascende a cuarta praza. Casti e Nani anotaron os dous goles azuis na Xunqueira.
O noso equipo dou un paso moi important a acadar a vitoria a domicilio fronte o Atlético Estación, segundo clasificado até onte. Os azuis fixeron un encontro moi serio, cunha defensa moi forte é un bo contragolpe que lle permitiu dobregar a un dos mellores equipos da división no seu propio campo. O comezo empezou moi ben para os de Combarro, xa no minuto cinco un córner botado por Figo foi rematado coa testa por Casti, no primeiro pau, ao fondo das mallas, era a segunda achega do Combarro a área rival, encamiñando así este importante encontro. O Atlético Estación, obrigado a buscar o empate, dominaba o balón no mediocampo pero carecia de ideas para chegar con perigo a meta de César, enfronte estaba un Combarro, cunha organización defensiva impecábel, e que nas contras levaba perigo sobre a meta de Cortegoso. No minuto 20, un novo saque dende o curruncho botado por Figo, e despexado pola defensa local cara a frontal da área, e dende ali Nani con un tiro por alto, fura a rede local, anotando o segundo gol, e levando a ledicia aos seareiros armadiños que pasaban frio nas bancadas da Xunqueira. Este gol foi un golpe moi duro para os locais que non souberon reaccionar en toda a primeira parte. Minutos máis tardes unha excelente pase de Nani deixa a Alvariñas só en tres cuartos de campo, este encamiñase cara a porta, e cando chega ao área é derrubado xusto no momento de efectuar o disparo, sáindo este lambendo o pau dereito. A posíbel pena máxima non foi sinalida polo colexiado ante as protestas dos seareiros visitantes.
|
|
SD Combarro 1 - CD Cesantes 0 |
|
Domingo, 03 Xaneiro 2010 17:37 |
Vitoria sufrida
A SD Combarro escomeza o novo ano cunha importante vitoria fronte un rival directo, o Cesantes, nun encontro moi igualado.Bo comezo da segunda volta por parte do noso equipo na Fonte da Armadiña, enfronte estivo un Cesantes que demostrou o porque é o segundo equipo menos goleado da categoría. O encontro non comezou moi ben para os azuis que pareceron notar a inactividade do nadal, os visitantes achegáronse con perigo en dúas ocasións nos primeiros minutos, dous centros dos de Cesantes pasearonse por diante da área pequena de César sen atopar rematador. Conforme avanzaban os minutos a SD Combarro foise metendo máis no encontro, mediante un bo traballo defensivo e unha intensa loita no mediocampo, o partido igualabase sen que ningún dos equipos tiverá ocasións de anotar. Arredor do minuto corenta, un saque dende o curruncho e rematado por Bruno, coa testa, só no segundo pau, facendo chegar aos azuis con o resultado favorable ao descanso. Xa no segundo tempo a SD Combarro soltouse, escomezouse a xogar por bandas e chegar con perigo a meta de Jiménez, enfronte o Cesantes, moi ben organizado, sementaba perigo unicamente a balón parado. Arredor do minuto vinte unha internada de Nani pola esquerda, quédase diante do porteiro visitante, e o seu disparo marchase lamendo o pau, eran os mellores minutos da SD Combarro que quería sentenciar o encontro. Nun saque de falta dende a dereita é rematado por Bruno ao longueiro. A partir de aí, pouco máis se viu na Armadiña. Bo partido e importantes tres puntos que nos sitúa a un da segunda praza. SD Combarro: César; Iago (Peque 76'), Gupi, Salva e Gonzalo; Casti, Figo, Bruno; Óscar (Alvariñas 52'), Nani e Iván(Dani 80'); CD Cesantes: Jimenez(Ucha 46'); Iglesias (Cabaleiro 25'), López, Manuel(Puertas 67'), Miñan, Álvarez, Costas(Martínez 70'), Gil, Darriba(Castro 81'); Cerqueiras e Jacinto; Goles: (1-0) Bruno. Árbitro: Jaime Gonzalez Fervenza Cartóns vermellos SD Combarro: Bruno 90' Cartóns amarelos CD Cesantes: Miñan 41' e Cerqueiras 55'; Cartóns vermellos CD Cesantes: Jacinto 90' Espectadores: Arredor de medio centenar de expectadores deronse cita na Fonte da Armadiña
|
|
Xoves, 24 Decembro 2009 23:55 |
LA SD.COMBARRO LLEGA AL TUENTI Buenas a todos y todas. Ya llevabamos tiempo con esta idea y por fin el Combarro da un pasito más, despues de ser uno de los grandes equipos gallegos a nivel informatico gracias a una página web (www.sdcombarro.org) q avanza día a día y a un sistema pionero en Galicia de venta de productos del club vía internet, es hora de que la SD.COMBARRO tenga su propio sitio en esta página. En nuestro espacio colgaremos la noticias que apareceran en la página como también algunas adicionales y además, a su vez, también se podran ver los videos y fotos que cada semana nuestros cámaras realizan durante los partidos. Esperemos que esto sirva para que la SD.COMBARRO sigua avanzando y conseguir además de nuestro gran objetivo, que no es otro que el ascenso, que la gente sigua apoyando al equipo haya donde vaya. Os esperamos en el próximo partido contra el Cesantes (domingo 3 de enero) donde deseamos que el equipo consiga los tres puntos. Para agregar el perfil solo tenéis que buscar por SOCIEDAD DEPORTIVA COMBARRO, esperamos que esta iniciativa consiga los objetivos deseados que son conseguir el mayor apoyo posible para esta gran equipo. Un saludo y AUPA COMBARRO!
|
|