Umia CF 1 - SD Combarro 1
Domingo, 11 Decembro 2011 17:55
Ollo co Combarriño!
A SD Combarro acada un valioso empate fronte ao líder da clasificación, o Umia CF. Os azuis mostráronse moi serios en defensa e perdoaron nos últimos minutos a victoria ante os locais con dez homes.
A SD Combarro volvía ao campo onde perdeu o ascenso hai dúas campañas para enfrontarse ao mesmo rival o Umia CF. Os locais, líderes en solitario da terceira autonómica, semellaban un equipo moi forte tendo en conta dos bos resultados que leva acadando dende o comezo da liga.
Comezamos moi atrevidos, nos primeiros minutos o Combarro achegábase con facilidade a área rival ante a sorpresa dos locais, que se debían sentir estrañados ao atoparse dominados . Conforme avanzaba o encontroo o Umia, a base de forza, foise acomodando no campo pero sen crear perigo sobre a meta defendida por Santi. No minuto 39' e tras un saque de banda o balón é peinado no primeiro pau para que Piñeiro, só no segundo pau, rematase ao fondo.
O segundo tempo comezou como rematou o segundo, un Combarro moi ben situado no campo fronte a un Umia que dominaba máis pero sen crear ocasións claras de gol. Pero no minuto 51 todo mudou, un contragolpe visitante, deixa a Arturo fronte o porteiro e dun disparo raso ao pau corto, facía a igualada no marcador (desta vez electrónico). O gol facía xustiza ao visto até o momento, os locais non merecían ir gañando.
Tras a igualada, o noso equipo mantivo o seu nível defensivo e foi capaz de facer varias ocasións de gol que estiveron a piques de darlle a victoria. Fronte atopabase a un Umia, non afeito a loitar de ti a ti, moi ansioso, que buscaba o gol sen cabeza. Mostra disto foi a autoexpulsión dun dos seus centrais no minuto 67'.
Punto importante no Combarro en Barrantes ante un rival que non era tan fiero como o pintaban. O Combarro demostrouse así mesmo que ten equipo para estar a altura do Umia e ao mesmo tempo, avisoulle ao seu rival que esta liga non vai ser coser e cantar. Ollo! Nós estamos aí!
Umia CF: Nuñez; Quintana, Cores, Álvarez, Casariego, Piñeiro, Lamas, Santos, Castro, Costa e Sixto.
Tamén xogaron: Sabaris, Castro, Blanco, Rey, Rodiño.
SD Combarro: Santi; Luli, Elio, Carlos, Chuvi; Bruno, Figo, Panucci; Iván, Nani e Arturo.
Tamén xogaron: Alberto, Alex e Edu.
Goles: (1-0) Piñeiro 39' ; (1-1) Arturo 51'
Árbitro: Albino García Carrera
Campo: A Bouza en Barrantes (Ribadumia)
SD Combarro 3 - San Andrés CF 1
Domingo, 04 Decembro 2011 20:33
Arturgol
Dous goles de Arturo dalle a victoria a SD Combarro fronte a un San Andrés CF que deixou unha boa imaxe hoxe na Reiboa.
Os azuis comezaron repregados ante un bo comezo de encontro do San Andrés, mais nun fermoso contragolpe levado por Iván, Nani e Figo, este último anota ao rematar só dentro da área pequena tras unha asistencia de Iván. Conforme foi avanzando o encontro o Combarro foi aumentando o seu dominio. Xa contra o final do primeiro tempo e tras unha excelente asistencia que sorprende a defensa local, Casal anota o empate a bater a Santi nun un contra un. Neste período houbo ocasións importantes para os dous equipos máis os atacantes de ámbolos equipos non souberon definir.
No segundo tempo as dúas escadras baixaron a intensidade, o Combarro dominou con máis claridade, as súas chegadas eran máis perigosas fronte un rival incapaz en ataque. No minuto 54' e tras varios rechaces o balón chega a Arturo que de tiro cruzado ao borde da área pequena bate a Santos. O marcador reflictía o visto até o momento sobre o céspede da Reiboa.
Tras varias ocasión no que os nosos atacantes non souberon definir con acerto, a afección local tivo que esperar até os últimos minutos para que de novo Arturo, sentenciase o encontro.
Para a semana o Combarro disputara un encontro importante fronte ao Umia, líder en solitario da nosa categoría, para poder vencer necesitamos o apoio da nosa xente, así que, acompaña ao Combarro a Barrantes o próximo domingo
SD Combarro: Santi, Luli, Elio, Chivi, Carlos; Casti, Arturo, Bruno, Iván; Figo e Nani.
Tamén xogaron: Javi, Adrián, Panucci, Alberto.
San Andrés CF: Santos; Aguete, Aldao, Chorne, Villaverde, González, Rosales, Casal, Adolfo, Martínez, Freire
Tamén xogaron: García, Lois, Basilio, Méndez, Rosales
Goles: (1-0) Figo; (1-1) Casal; (2-1) Arturo; (3-1) Arturo
Árbitro: Javier Feijoo Rodríguez
Cartóns amarelos SD Combarro: Luli 35'; Panucci 72'
Cartóns amarelos San Andres CF: Villaverde 43'; Casal 70' e Rosales 86' e Adolfo expulsado por dobre amarela
Observacións: Encontro disputado na Reiboa dando comezo as 16:45.
[Vídeo] SCD Poio 2 - SD Combarro 4
Venres, 04 Novembro 2011 11:34
SCD Poio 2 - SD Combarro 4
Domingo, 30 Outubro 2011 17:43
Mellores e tres puntos
A SD Combarro demostra na Seca ser superior a SCD Poio no primeiro derbi oficial entre os dous conxuntos. Con este resultado acada a cuarta vitoria consecutiva que o consolida no alto da clasificación.
SD Combarro: Santi, Luis, Álex, Chivi, Gonzalo, Casti, Figo, Arturo, Nani, Edu e Elio;
Tamén xogaron: Panucci, Fran, Adrián, Carlos e Santi Fernández
Goles: (0-1) Elio; (0-2) Luis; (2-3) Nani; (2-4) Nani
SD Combarro 2 - Campaño ADX 0
Domingo, 23 Outubro 2011 17:04
A testa de Casti guía ao Combarro
Baixo unha intensa choiva e un forte vento a SD Combarro sacou o partido adiante fronte un dos favoritos ao ascenso, o Campaño ADX. Os equipo de Iñaki rentabilizou os dous goles anotados por Casti na renta final do primeiro tempo, ambos tras dous testarazos que se coaron na meta visitante, defendida na primeira metade por un ex-xogador do Combarro, César.
SD Combarro: Santi; Luis, Álex, Jorge e Gonzalo; Casti, Edu, Figo, Árturo; Iván e Nani;
Tamén xogaron: Javi, Elio, Fran, Santi e Ádrián
Campaño ADX: César, Vídal, Tome, Acha, Tomé, Villanueva, Árgibay, García, Esperón, José, Iglesias.
Tamén xogaron: Deluffu, Lois, Rodríguez, Pintos, Garcia.
Goles: (1-0) Casti; (2-0) Casti
Árbitro: Jaime González Fervenza.
Cartóns amarelos SD Combarro: Iván e Fran
Cartóns amarelos Campaño ADX: Acha e Tomé
Cerponzóns CF 1 - SD Combarro 3
Domingo, 16 Outubro 2011 21:23
No bo camiño
Segundo vitoria a domicilio da SD Combarro fronte ao Cerponzóns. Os azuis distanciáronse no segundo tempo tras unha rematar unha primeira parte igualada (1-1).
SD Combarro: Santi. Luis, Fran, Jorge, Carlos, Casti, Bruno, Figo, Alex, Nani y Adrian
Trocos: Panu por Fran, Arturo por Adri, Zalo por Carlos, Javi por Figo, Edu por Casti
Goles: (0-1) Jorge; (1-2) Figo; (1-3) Edu
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Vindeiro Encontro

MON

COM -:-
Clasificación
| Pos. | Equipo | EX | PTS |
|---|---|---|---|
| 1 | Umia CF | 5 | 15 |
| 2 | SD Combarro | 5 | 15 |
| 3 | SD Monteporreiro | 5 | 12 |
| 4 | Campaño ADX | 5 | 10 |
| 5 | Verducido CF | 5 | 9 |
| 6 | SD Campelo | 5 | 9 |
| 7 | Atlético Estación | 4 | 7 |
| 8 | Dorrón CF | 4 | 7 |
| 9 | SCD Poio | 4 | 6 |
| 10 | San Andrés CF | 5 | 4 |
| 11 | Cerponzóns CF | 5 | 3 |
| 12 | Atlético Eiriña | 4 | 0 |
| 13 | Barro CF | 5 | 0 |
| 14 | Sp. Portonovo | 5 | 0 |

